Tres centros da Costa da Morte súmanse este curso ao programa «Club de ciencia»

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

MARCOS RODRÍGUEZ

Son o IES Fernando Blanco de Cee, CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco e CEIP Bergantiños de Carballo

03 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Máis de medio centenar de centros educativos da provincia desenvolverán durante este curso o programa «Club de ciencia», impulsado pola Consellería de Educación para estimular o espírito científico entre os alumnos, ademais de impulsar as vocacións relacionadas STEM (ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas) de cara a estudos posteriores nestes campos de coñecemento.

Dese medio centenar, 12 serán de nova incorporación este ano, tres dos cales son da Costa da Morte: IES Fernando Blanco de Cee, CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco e CEIP Bergantiños de Carballo. Xa inscritos están o IES Fin do Camiño, IES Eduardo Pondal, CEIP Eduardo Pondal, IES Urbano Lugrís, CPI Cabo dá Area, CPI O Cruce, IES Agra de Raíces e CPI As Revoltas.