O Basket Xiria impúxose ao Betanzos na Copa Galicia

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

ANA GARCÍA

O partido, correspondente á segunda xornada, disputouse o mércores no Vila de Noia

20 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Cavo Basket Xiria de Carballo impúxose, na Copa Galicia de liga EBA, ao Santo Domingo de Betanzos (72-68). O partido, correspondente á segunda xornada, disputouse o mércores na cancha do Vila de Noia.

O adestrador local, Fernando Buendía, non ocultaba a súa satisfacción ao termo do encontro. Non tanto pola vitoria, que tamén, senón por «a melloría do equipo», sobre todo en defensa, segundo explicou. Definiu o choque como un «partido bonito» para o espectador, bastante loita polos dous conxuntos, e ademais dominio alterno. Primeiro, para os betanceiros, e no tramo decisivo, xa para os de Carballo.