Os emigrantes de Basilea celebran o San Xoán

Santiago Garrido Rial
S. G. Rial CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

CEDIDA POR SEMENTEIRA

Manuel Rivas e o fotógrafo Manuel Álvarez presentarán o domingo un libro con imaxes de galegos residentes na cidade suíza, acompañadas de textos breves

20 jun 2019 . Actualizado ás 09:24 h.

Días 21, 22 e 23 • Basilea • Praza Claramatte • A asociación Sementeira de Basilea, das máis importantes e veteranas da emigración galega en Suíza, que preside o carballés de Oza Ramón Carreira Collazo (o primeiro responsable foi o muxián Bautista Pose), preparou un completo programa de actos de San Xoán para esta fin de semana. Obviamente é para todos os socios, pero entre eles hai moitos que son de Carballo e resto de Bergantiños. Uniron, como outras veces, celebración e cultura. Destaca a presentación, este domingo ás 12.00, do libro Sementeira Porträts, con imaxes do fotógrafo Manuel Álvarez e haikus (aforismos) de Manuel Rivas. Ambos estarán no acto, na praza de Claramatte. Álvarez, por certo, colaborou no seu día con Miro Villar no libro Gameleiros. Neste obra aparecen 42 retratos doutros tantos emigrantes, moitos deles da Costa da Morte. Pero xa haberá actividades desde o 21. A apertura da festa será á 18.00, cunha verbenea a cargo do trío Rever. O sábado iniciarase ás 12.00, Rever volverá ás 16.00, e ás 22.00 intervirá o grupo Semente. Estará de novo o domingo ás 15.30, e despois, de novo, Rever. Esta actividade é unha máis dun denso programa que lles ocupa todo o ano.