Natación | Trinta e tres deportistas, dos trinta e sete que tomaron a saída, lograron completar a proba
13 jun 2019 . Actualizado ás 05:00 h.Trinta e tres nadadores, dos 37 que tomaron a saída, lograron completar a proba de augas abertas, coordinada por Media Ducia en Cabana a pasada fin de semana, onde a distancia curta superou a media hora de competición. Cinco foron os gañadores nas súas respectivas categorías: Valeria Rodríguez, Jorge Mira, Pablo Vázquez, Gabriel Rodríguez e Dolores Porteiro. Así quedou a clasificación nas diferentes categorías.
Clasificacións
MASCULINA SÉNIOR LONGA
Pablo Vázquez 1:12:00
Borja Cantou 1:19:50
Gonzalo Anido 1:20:45
MASCULINA SÉNIOR CURTA
Jorge Mira 37:47
Manuel Andrade 37:53
Miguel Castro 38:01
MASCULINA MENORES
Gabriel Rodríguez 35:14
Ricardo Mouro 38:45
Joaquín Mouro 38:50
FEMININA SÉNIOR CURTA
Dolores Porteiro 42:20
Raquel Varela 54:40
Rebecca Hicks 1:04:05
FEMININA MENORES
Valeria Rodríguez 50:25