A baiesa Carmen Valiña homenaxea ás emigrantes de Soneira en Suíza

La Voz

CARBALLO

Carmen, a la izquierda
Carmen, á esquerda PACO RODRÍGUEZ

Presentará o seu novo traballo esta tarde en Santiago e mañá, na Coruña

25 abr 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A baiesa Carmen V. Valiña, doutora en Historia Contemporánea e profesora na Universidade Europea Miguel de Cervantes, presentará esta tarde na librería Lila de Lilith (Santiago), o seu traballo máis recente: Elas, as emigrantes. Mulheres da Terra de Soneira na Suíça. Acompañarana no acto a doutora en Xornalismo e doutora en Historia Contemporánea, Patricia Calvo González, así como un representante de Através, a editora que distribúe o libro.

Segundo a autora, este ensaio intenta, «a partir do seu propio título, ser unha homenaxe [...] ás mulleres que deixaron Galicia camiño da emigración suíza. Porque o fluxo migratorio que marcou a nosa historia recente non pode seguir sendo estudado de parámetros [...] que deixan fóra as experiencias femininas», di Valiña, e engade que a obra «propón unha comparativa entre dous períodos históricos, o dos anos 60 e 70 e o xurdido a raíz da crise económica do 2008». Asevera a autora que se presenta un escenario de xénero totalmente diferente: fronte ás trabas ás mulleres durante a ditadura franquista, a suposta equiparación de dereitos (polo menos, a nivel formal) que trouxo a democracia.