Asemblea de socios do Casino para tratar temas como a xestión do bar

La Voz

CARBALLO

Jose Manuel Casal

Celebrarase o vindeiro venres, día 26, ás oito e media da tarde, en primeira convocatoria

19 abr 2019 . Actualizado ás 16:21 h.

A Sociedade Cultural e Recreativa de Bergantiños convoca aos seus socios nunha asemblea ordinaria o vindeiro venres, 26 de abril, ás 20.30 horas en primeira convocatoria e 21.00, en segunda. O punto de maior peso na orde do día é o relativo á xestión do local de hostalería Tasca do Casino. Presentarase a aprobación o proxecto de alugueiro do establecemento por parte dun membro da directiva e se recepcionarán, así mesmo, outras posibles propostas de xestión. Tamén se debaterá durante a asemblea a integración da sociedade no colectivo social Rede de Decrecemento Eo-Navia/Galicia/ O Bierzo, na Plataforma pola defensa de Monte Neme e no Centro de Saberes para a Sustentabilidade.