Un mermado Xiria inicia a segunda fase da liga contra o líder, o Ourense

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

BALONCESTO | O conxunto carballés enfróntase a un complicado encontro

23 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Calvo Xiria de baloncesto inicia hoxe (18.00 horas) a segunda fase da liga cun complicado desprazamento á pista do líder do grupo sur, o Universitario Ourense.

Ademais da entidade do rival, os carballeses acoden á cita minguados de efectivos, tendo en conta que Jorge Guillamet e Javi Roselló sufriron senllas escordaduras. Ademais, e por diferentes procesos víricos, non puideron adestrar con normalidade Javi Souto, Álex Hermida e Pablo More, que son dúbida para o duelo de hoxe.