Posibilidade de instalarse nunha vivenda de longa ocupación

La Voz

CARBALLO

19 novs 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Segundo explicaba onte Fina Rey , integrante do equipo de Cáritas, a todas as persoas que chegan ao albergue ofréceselles a posibilidade de autoabastecerse -no caso de que fisicamente poidan facelo- e instalarse na vivenda de longa ocupación da reitoral de Sísamo, onde se poden cultivar produtos agrícolas e coidar animais domésticos. Mesmo pór á venda excedentes para poder sufragar gastos. Algún caso houbo (dous na actualidade) pero a experiencia demostra que a maioría non fan caso desta opción e seguen o seu camiño cara a outros albergues. Os máis próximos, na Coruña ou Santiago.

Tanto o albergue como os pisos e vivendas xeran elevados gastos de mantemento á parroquia. Todas as estancias son gratuítas, e inclúese ademais (entre outros) a alimentación.