Sen perdón

La Voz BERRO SECO

CARBALLO

16 sep 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Unha árbore é un ser vivo e o primeiro fogar da humanidade. É o noso osíxeno, a nosa protección e a nosa sombra. Grazas a eles respiramos. Durante decenas de miles de anos déronnos froito, calor, o papel da escritura, a mesa sobre a que comer e a cama sobre a que durmir. Deberiamos de corresponderlles, pero non sempre ocorre. Unha árbore vella é, ademais, unha especie de documento histórico que garda miles de segredos. Deixalo morrer non tería perdón.