Takefusa Kubo, do Barcelona, mellor xogador do torneo

La Voz

CARBALLO

14 jun 2019 . Actualizado ás 15:02 h.

O dianteiro do Barcelona, Takefusa Kubo, de 12 anos, foi elixido polos adestradores de todos os equipos participantes en o Torneo Fútbol 8 Alevíns Concello de Carballo Memorial José Luis Vara como o mellor xogador. O dianteiro coreano destacou polo seu olfacto goleador, mobilidade e velocidade. Esta considerado na actualidade o deportista con máis proxección da base culé. O trofeo recibiuno de mans doutro nome ilustre no fútbol mundial, do arxentino Juan Eduardo Esnáider, exdelantero do Real Madrid.