A vertente marítima do Camiño centrou unha nova actividade da campaña «Muxía, porto xacobeo»

La Voz

CARBALLO

21 mares 2010 . Actualizado ás 02:00 h.

O historiador e xornalista Antón Pombo foi o invitado do Club do Mar e Náutico de Muxía a unha interesante charla na que profundou nunha vertente pouco coñecida da tradición xacobea. Pombo centrouse nas peregrinacións marítimas, con documentación histórica sobre a materia.

Ao acto, celebrado ao mediodía de onte na Casa Rural de Trillo, acudiu un nutrido grupo de persoas, entre as cales se atopaban os alcaldes de Muxía e Corcubión, o presidente de APTCM ou o delegado en Galicia da Real Liga Naval Española.

O tamén xornalista Xusto López Carril, presidente do Club do Mar e Náutico de Muxía, exerceu como presentador e moderador do coloquio, incluído na programación da campaña Muxía, porto xacobeo .