Ampliada a directiva do Club do Mar e Náutico de Muxía

CARBALLO

29 dic 2007 . Actualizado ás 02:00 h.

Os socios do Club do Mar e Náutico de Muxía, que preside Xusto López Carril, aprobaron na súa asemblea xeral os estatutos, a creación de cinco asesorías e o escudo da entidade, ademais de designar aos integrantes da xunta directiva. Á reunión, que se prolongou durante unha hora, asistiron 140 dos 220 afiliados con dereito a voto.

A reitora queda formada por once persoas: Xusto López Carril, presidente; tesoureiro, Jesús Fernández García; secretaria, Belén Toba Novo; comodoro, Joaquín García Nogueira, e os vogais Manuel Roia Barrientos (mantemento), José Manuel Rey Álvarez (pesca deportiva e concursos), Javier Sar Romero , Juan Lago Lago (mecánica e motor), Teresa Barros Rivera (relacións sociais), Héctor Castro Sambad (vea) e Raúl Soneira Barrientos (mergullo e actividades subacuáticas).

Como asesores figuran Xan Fernández, en materia de cultura e patrimonio marítimo; Sebastián Lorenzo, área legal; Donato Izquierdo , deseño; José Garrido, comunicación, e Antonio González, seguridade.

O escudo, que tamén foi aprobado, é de cor azul forte e ten unha cruz amarela. Na súa parte superior inclúe o escudo constitucional de Muxía do século XIX, cunha goleta.

Tamén se modificaron e aprobaron os estatutos que rexerán a sociedade deportiva.