A cita desenvolverase os días 7 e 8 de xuño e as mellores dúas mellores embarcacións obterán o pase ao nacional
31 may 2025 . Actualizado á 11:00 h.O Campionato Galego de Traiñeiras das categorías absoluta e veteranos, tanto masculina como feminina, celebrarase na parroquia ribeirense de Aguiño os días 7 e 8 de xuño. Na presentación do mesmo, o edil de Deportes de Ribeira, Xabier Vidal, agradeceu á Federación Galega de Remo que elixise o municipio para desenvolver a cita e encomiou o traballo do Club de Remo Náutico Ribeira, «que é realmente quen leva o peso da organización». Tamén tivo palabras de eloxio á entidade o alcalde, Luís Pérez Barral, que destacou os puntos fortes do campo de regatas de Aguiño.
Gustavo Vázquez, vicepresidente da federación, resaltou a importancia de que o campionato teña lugar durante dúas xornadas: «É moi importante para as vilas, porque no sábado hai case seiscentos deportistas en competición, o que trae un retorno económico e turístico».
As regatas clasificatorias celebraranse o día 7 a partir das cinco da tarde, mentres que as finais serán o domingo 8 desde as 11.00. Ademais dos títulos autonómicos estarán en xogo páselos ao nacional, que se desenvolverá en Castro Urdiales, que obterán as dúas mellores tripulacións