Laconada e doces de entroido para os maiores de Ribeira

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

RIBEIRA

CEDIDA

O tradicional encontro organizado polo Concello celebrarase o día 25 no pavillón da Fieiteira

02 feb 2024 . Actualizado ás 16:07 h.

Os xubilados de Ribeira teñen unha cita o próximo día 25, data escollida para o tradicional encontro de maiores organizado polo Concello. A cita será no pavillón da Fieiteira e hai 870 prazas dispoñibles.

Ás 12.00 haberá unha misa, e a continuación, ás 13.00 horas, o goberno local recibirá aos asistentes. Nesta ocasión, o encontro está aberto a xubilados e maiores de 55 anos e terá outra novidade no menú, que incorpora unha laconada e sobremesas típicas de entroido , ademais de entrantes e tres mariscos. Non faltará tampouco a música en directo, a cargo dunha orquestra que se ocupará de amenizar a tarde.

O prezo da entrada, que poderá adquirirse a partir do día 14 no antigo auditorio, é de 16 euros. Haberá autobuses desde o porto comercial.