Sergio Álvarez ensina os segredos dun gardameta a 20 novos futbolistas en Ribeira

La Voz RIBEIRA

RIBEIRA

CARMELA QUEIJEIRO

A Fieiteira acolleu durante a mañá deste mércores a sesión práctica do exportero de Catoira

06 abr 2023 . Actualizado ás 11:28 h.

O exportero do Celta de Vigo Sergio Álvarez dirixiu durante a mañá deste mércores unha sesión de tecnificación para gardametas de Ribeira e outros concellos da zona de Barbanza. Os asistentes puideron aprender cos consellos do catoirés.

Unha vintena de novos gardametas de entre 6 e 14 anos participaron na sesión práctica encabezada polo exmeta celeste. Segundo apuntaron desde o Celta de Vigo, o club vigués volverá organizar un evento similar en datas estivais co campus de verán.