Un ribeirense resultou ferido leve nunha saída de vía en Castiñeiras

Ribeira / La Voz

RIBEIRA

O vehículo que conducía caeu por un desnivel dun metro e quedou encaixado contra unha vivenda

19 abr 2019 . Actualizado ás 12:52 h.

Á primeira hora da mañá de hoxe rexistrábase un aparatoso accidente na parroquia ribeirense de Castiñeiras, na zona dos Mosqueiros. Por causas que se están investigando, un vehículo saíuse da vía, caeu por un desnivel dun metro e acabou chocando contra unha vivenda. O ocupante do automóbil resultou ferido de carácter leve, pero foi trasladado ao hospital en ambulancia para coñecer o alcance das súas lesións, aínda que en principio non revestían gravidade.

Ata a zona tamén se trasladaron os axentes da Policía Local de Ribeira e da Garda Civil de Tráfico. O vehículo sufriu importantes danos materiais e quedou encajonado diante da entrada da vivenda, polo que se estaba agardando que acudiron un guindastre cunha pluma para levantalo.