Álex Vidal recibe un premio da Secretaría Xeral para o Deporte

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

RIBEIRA

MARCOS CREO

O ribeirense recollerá o galardón o 14 de maio en Pontevedra

19 abr 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A Secretaría Xeral para o Deporte fixo pública onte a lista de galardoados cos Premios Deporte Galego do ano 2017. Entre os personaxes que serán recoñecidos atópase o ribeirense Álex Vidal. O parataekuondista barbancés foi elixido como mellor deportista masculino con discapacidade.

Vidal, que continúa preparándose co obxectivo de sumar os puntos necesarios que lle dean unha praza nos Xogos Olímpicos de Tokio 2020, será distinguido o 14 de maio nunha gala que levará a cabo no auditorio da sede Afundación de Pontevedra. En total, durante a cerimonia repartiranse 17 premios.