Rianxo en Común presentará a súa candidatura á alcaldía cun proxecto continuista

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

RIANXO

CARMELA QUEIJEIRO

O acto celebrarase o sábado no auditorio rianxeiro

24 ene 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

Aos poucos, os partidos van presentando oficialmente aos seus candidatos a liderar os gobernos locais da comarca. Este sábado será a quenda de Julián Bustelo, cabeza de cartel de Rianxo en Común (ReC), unha formación que aposta pola continuidade ante o incerto panorama electoral que se abre no concello rianxeiro, onde haberá con toda seguridade relevo na alcaldía tras renunciar á reelección o actual rexedor.

O auditorio municipal é o escenario elixido por ReC para o acto de presentación do seu candidato. O resto do equipo que acompañará a Julián Bustelo na súa segunda participación nos comicios encabezando a lista aínda non está pechado, pero si está claro que, aínda que haxa algunha incorporación, non haberá grandes cambios e se aposta por dar continuidade ás persoas que traballaron xunto a Bustelo os últimos catro anos.