Os ovos volveron rodar en Rianxiño

M. X. B. RIBEIRA

RIANXO

cedida

Un grupo de veciños recuperaron unha vella tradición coa que se celebraba na zona o día de San José

21 mares 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Hai anos era moitos os veciños de Rianxo que celebraban o día de San José facendo rodar por unha custa ovos cocidos coloreados previamente de vermello con mondas de cebola. A quen se lles rompían os produtos, pagaban a pena de comelos, xema incluída. A tradición perdeuse durante un tempo, pero un grupo de residentes empeñáronse en recuperala e, ao parecer, conseguírono. O martes, un nutrido grupo de persoas déronse cita xunto á capela de Rianxiño para lanzar os ovos.