Detida unha pobrense acusada de cometer sete roubos con forza e tres furtos

M. X. B.

PORTO DO SON

cedida

A Garda Civil atribúelle, entre outros delitos, a subtracción de diversos obxectos en seis trasteiros dun edificio de Porto do Son

26 ene 2022 . Actualizado ás 09:27 h.

A Garda Civil detivo a unha veciña da Pobra do Caramiñal como presunta autora sete roubos con forza no interior de trasteiros e tres furtos. Os feitos ocorreron o pasado mes de outubro na localidade de Porto do Son, onde se cometeron seis roubos noutros tantos trasteiros dun mesmo edificio e un delito leve de furto dunha peza de roupa dun tendedero.

Tras realizar unha minuciosa investigación, a Garda Civil de Porto do Son logrou a identificación plena da autora dos feitos, atribuíndolle ademais a comisión de dous delitos de furto no interior de dous vehículos e un delito de roubo con forza nun trasteiro de Padrón, feitos denunciados en xuño e outubro, respectivamente.

A detida vendera algúns dos obxectos subtraídos en establecementos de compravenda de segunda man nas localidades de Ribeira e Boiro. Os axentes lograron recuperar unha máquina de coser, un ferro de roupa, unha caixa de ferramentas con accesorios, un ventilador, un GPS, un cámping gas dúo, un casco de moto e unha máquina hidrolimpadora.

A Garda Civil recuperou as ferramentas e fixo entrega delas ás vítimas. A detida, xunto coas dilixencias instruídas, foi posta a disposición do Xulgado de Garda de Noia.