A sorte sorrí a Noia coa venda de décimos do 11840 nun punto mixto

NOIA

Carmela Queijeiro

Venancio Pérez afirma estar emocionado «eu o que quero é dar premios»

22 dic 2024 . Actualizado á 13:04 h.

Emocionado afirma estar Venancio Pérez, responsable dun punto mixto de venda de lotería situado na rúa de Galicia número 35 de Noia tras coñecer que do seu despacho saíron décimos agraciados co terceiro premio, o 11840. Dado que unicamente vende por terminal, o loteiro aínda non sabe cantos boletos puideron saír da súa máquina. Cada un deles estaría premiado con 50.000 euros. 

Leva máis de catro décadas a cargo do negocio e repartiu diversos premios, aínda que se estrea no sorteo de Nadal. No 2018, da terminal de Venancio Pérez saíu un primeiro premio da Lotería Nacional e, no 2013 tamén repartiu sorte. Ademais, o pasado novembro selouse no seu establecemento unha quiniela con 14 acertos. 


Venancio Pérez agarda que o refacho continúe: «Eu o que quero é dar premios».