O Noia recibe ao Fisterra, un dos favoritos para levantar o título de campión de liga

ribeira LA VOZ

NOIA

CARMELA QUEIJEIRO

O duelo antóllase vital polas aspiracións de ambos de ocupar a parte nobre da clasificación

13 oct 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Os de Iván Carril afrontarán un partido crucial, hoxe ás 17.00 horas, ante un dos conxuntos favoritos a pelexar polo título ligueiro. O Noia recibirá a un Fisterra contra o que xa se viu as caras durante a segunda semana de pretemporada, nun choque de Cópaa Deputación que se saldou cun 1-0 para os fisterráns. Mas ambos os equipos son radicalmente distintos a estas alturas do curso.

«Será un partido complicado, o Fisterra chega nunha dinámica moi boa [no podio na táboa] e coa xente nova enchufada. Virán co obxectivo claro de puntuar. Temos que darlles con todo», analizou o técnico, do que se agarda sobre o céspede de San Lázaro. O duelo antóllase vital polas aspiracións de ambos de ocupar a parte nobre da clasificación, coa vista posta nunha futura gol average. «Competimos ben contra equipos que están arriba e debemos seguir coas boas sensacións», anotou Carril, que non poderá contar con Nando, Quintairos e Ángelo.