PP e NOIA chegan á investidura co pacto pechado para reeditar o bipartito

La Voz

NOIA

15 jun 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Onte mesmo tivo lugar a última reunión entre o Partido Popular e o NOIA para pechar o acordo que permitirá reeditar o bipartido que durante os últimos tres anos gobernou o concello noiés. A repartición de responsabilidades concretarase nos próximos días, pero salvo hecatombe Freire ten asegurada a alcaldía con maioría absoluta.

O propio candidato popular explicou que nos últimos días as conversacións co NOIA estiveron centradas en definir cuestións tanto a nivel organizativo como programático para os próximos catro anos. Neste sentido, fixáronse unha serie de actuacións e proxectos que ambas as formacións consideran prioritario que se acometan neste mandato. Os aspectos máis concretos sobre a repartición de competencias definiranse nos próximos días.