Unha parcela de San Lázaro será acondicionada como aparcadoiro

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

NOIA

MARCOS CREO

17 ago 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Unha parcela situada detrás do campo de San Lázaro está a ser adecuada polo Concello de Noia co obxectivo, entre outros, explicou o alcalde, Santiago Freire, de que poida habilitarse nela un aparcadoiro disuasorio.

O mandatario indicou que se decidiu acometer esta intervención para acondicionar un espazo degradado no que había un peche que estaba en moi malas condicións. Deste xeito pretende que quen acceden ao lugar ou residen nas inmediacións poidan dispor de servizos dos que agora carecen.

Por este motivo, ademais dunha área de estacionamento que se considera pode ser moi útil, o Concello de Noia tamén baralla a alternativa de destinar unha parte do terreo a crear unha área de lecer.

Por agora non se definiron os espazos, xa que os traballos de acondicionamento da parcela están en fase de execución. Con todo, Santiago Freire destacou a importancia de sacar partido a lugares que se atopan na contorna do centro urbano e poden ter gran proxección.