O GALP Costa Sostible celebra en Noia o éxito do seu pioneiro plan de formación para promotores

La Voz NOIA / LA VOZ

NOIA

marcote

Para pechar a xornada houbo unha degustación de produtos de Mar Galaico

13 dic 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O programa de formación para promotores de proxectos financiados a través do Grupo de Acción Local Pesqueira (GALP) Costa Sostible naceu co obxectivo de apoiar aos emprendedores nos seus proxectos para conseguir o éxito e a viabilidade a longo prazo dos mesmo, pero esta pioneira iniciativa ha conseguido moito máis que iso, como puido comprobarse no acto celebrado onte pola tarde en Noia para presentar os seus resultados.

Ante unha sala abarrotada, algún dos participantes nos cursos valoraron a formación recibida, pero tamén o apoio e a atención personalizada que recibiron e o feito de poder coñecerse entre eles, o que propiciou, mesmo, relacións comerciais entre eles. Manuel Lema, promotor das Cabanas sen Barreiras; Eva Lojo, de Conservas Sotavento; Antón, impulsor dunha depuradora en Abelleira que chega a contar con ata sesenta traballadores e os responsables de proxectos como O Semáforo de Fisterra, do hotel Sempre en Fisterra e da Bayonnaise 1803 deron conta no acto do positiva que fora a experiencia.

Iso tamén quedou reflectido nun vídeo que se proxectou tras a intervención das encargadas de impartir a formación e asesorar aos promotores das iniciativas impulsadas grazas ao GALP Costa Sostible, do mesmo xeito que se puxo de relevo o papel da xerente, Manuela Oviedo, para a posta en marcha do plan. Para pechar a xornada houbo unha degustación de produtos de Mar Galaico.