Hemeroteca: Liberada unha lousamiana tras catro anos presa en Arxentina

Francisco Brea
F. Brea LA VOZ

LOUSAME

EFE

María do Consuelo Castaño regresou a España no mesmo avión que viaxaba Felipe González

05 dic 2019 . Actualizado ás 08:48 h.

O 5 de decembro de 1983 coñeceuse a noticia de que María do Consuelo Castaño, unha lousamiana que naquel momento tiña 34 anos, fora liberada despois de catro anos detida en Arxentina.

A muller de Lousame fose acusada por supostas vinculacións co terrorismo. A delegación diplomática española en Buenos Aires levaba meses realizando xestións para conseguir a súa liberación. Finalmente, María do Consuelo Castaño regresou a España o 13 de decembro. Aterrou no aeroporto de Barajas tras viaxar no mesmo avión que o por entón presidente do goberno, Felipe González.

Volveu a Galicia para reencontrase coa súa familia, despois de que en Arxentina fose detida unha tarde mentres estaba preparando a cea para os seus tres fillas. Segundo narra a publicación de La Voz de Galicia, Castiñeiro oíu un ruído e foi abrir a porta. Alí atopouse con oito homes que dixeron ser da policía e que, sen máis explicacións, lle enfundaron a cabeza cunha capucha, atáronlle as mans con cordas e leváronlla nun coche. Estivo encerrada, sen saber onde, ata que ingresou no cárcere. Unha vez en prisión, pasou os tres primeiros meses en réxime de illamento, un período que declarou ser moi duro psicoloxicamente.