O Concello de Boiro adquire axudas técnicas para persoas dependentes

Ribeira RIBEIRA / LA VOZ

BOIRO

O alcalde, José Ramón Romero, e o edil de Política Social, Raúl Treus, recibiron os equipos

02 jul 2025 . Actualizado á 19:10 h.

O Concello de Boiro acaba de adquirir novas axudas técnicas para o seu préstamo a familias usuarias do servizo de axuda no fogar e con persoas dependentes ao seu cargo. O investimento total realizado rolda os 34.000 euros.

Son máis de 40 as axudas técnicas coas que conta o Concello e que se poñen ao dispor dos veciños que o precisan. Entre estas figuran camas articuladas, guindastres para persoas co servizo SAF ou colchóns para cidadáns encamados.

O alcalde, José Ramón Romero, e o edil de Política Social, Raúl Treus, foron os encargados de recibir os novos elementos.