
Manuel Velo Velo, Perfecto Vilasoa, Ramón Calo, Serafín Romero, Suso Pérez e Juan Ricardo Viturro forman a directiva
31 may 2025 . Actualizado á 05:00 h.Barbanza conta cunha nova entidade no seu tecido social. Trátase da Asociación de Xubilados de Boiro, que onte se presentou publicamente con Manuel Velo Velo á fronte. Ao exalcalde socialista acompáñano na directiva Perfecto Vilasoa, Ramón Calo, Serafín Romero, Suso Pérez e Juan Ricardo Viturro. O principal obxectivo do novo colectivo é loitar para que o municipio boirense consiga a ansiada residencia de maiores.
Velo lembra que xa no ano 2020 o partido político que el mesmo fundou, Iniciativa Cidadá de Boiro, presentou unha moción que prosperou para poñer ao dispor da Xunta máis de 5.000 metros cadrados na rúa María Mariño co propósito de construír aí a residencia.
Nácea Asociación de Xubilados cun espírito claramente reivindicativo e dará a batalla para mellorar a calidade de vida dos boirenses.