Visita ás obras de rehabilitación do pazo de Goiáns

La Voz RIBEIRA/LAVOZ

BOIRO

MARCOS CREO

O delegado territorial, Ovidio Rodeiro, estivo acompañado polo alcalde boirense, Juan José Dieste

24 abr 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, inspeccionou onte, acompañado polo alcalde, Juan José Dieste, os traballos de rehabilitación que levan a cabo no pazo de Goiáns, onde se procedeu ao baleirado das estruturas internas da edificación, así como á retirada das cubertas. A actuación efectúase grazas á firma dun convenio polo que a Xunta de Galicia adianta, con cargo ao Fondo de Cooperación, máis dun millón de euros. Trátase dunha achega sen intereses que o Concello de Boiro deberá devolver en oito anualidades, de 131.000 euros cada unha. foto marcos creo