O Noia Portus Apostoli suma polivalencia coa á-peche Daniel Varsalona

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

Varsalona proviene del Nantes Métropole Futsal de Francia.
Varsalona provén do Nantes Métropole Futsal de Francia. Florian Baumer

Arxentino con pasaporte italiano, destaca pola súa garra e carácter sobre a pista

08 jul 2025 . Actualizado á 17:13 h.

O Noia Portus Apostoli xa ten o seu segundo reforzo. Tras o anuncio da incorporación do pivote Ismael López, agora confirma a fichaxe de Daniel Varsalona, arxentino con pasaporte italiano. A á-peche destro engade polivalencia ao persoal de David Palmas e destaca pola súa garra e carácter sobre o terreo de xogo, ao que suma intelixencia táctica, habilidade para a recuperación de balón e chegada a portería contraria, sinala o club noiés. 

Varsalona comezou a súa traxectoria sénior no CA River Plate na Terceira División arxentina. Posteriormente, puxo rumbo aO Tallar, co que disputou entre o 2026 e o 2022 a Primeira División do seu país. A continuación deu o salto a Europa, xogando as últimas tres campañas no Nantes Métropole Futsal de Francia, do que era capitán e co que finalizou subcampión de liga no 2024.