Festa en recordo dos antigos traballadores dA Onza de Oro

M. X. B. RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

MARCOS CREO

Xosé Anxo Tato exerceu de pregoeiro e realizouse unha ofrenda floral

08 jun 2025 . Actualizado á 09:40 h.

Por segundo ano consecutivo, os veciños da Ribeiriña montaron unha festa para, ademais de gozar de diversas actividades lúdicas, render homenaxe aos antigos traballadores da conserveira A Onza de Oro. O encontro comezou coas palabras pronunciadas por Xosé Anxo Tato, que exerceu de pregoeiro. Foi elixido, tal e como explicou o portavoz do colectivo veciñal, Samuel Domínguez, «por ser un máis de nós», a pesar de levar tempo residindo fose. Nese sentimento de pertenza ao lugar no que naceu, insistiu durante a súa intervención.

Ante un auditorio formado fundamentalmente por veciños e exempregadoes dA Onza de Oro, Samuel Domínguez referiuse a estes últimos como un exemplo de loita e constancia, facendo referencia ás longas xornadas laborais que tiveron que afrontar nunha época na que as condicións laborais eran máis duras que agora.

A primeira parte da xornada concluíu cunha ofrenda floral ante o monumento erixido o ano pasado no lugar. Logo chegou a segundo, eminentemente lúdica, con inchables para os máis pequenos e actuacións musicais.