O festival Hórreo Vivo regresa a Araño con música e humor

a voz

BARBANZA

BASILIO BELLO

Federico Pérez, Paula Carballeira, Peter Punk e Mondra, entre os participantes

06 may 2025 . Actualizado á 14:08 h.

Os próximos días 23 e 24, na contorna do emblemático Hórreo de Araño, terá lugar unha nova edición de Hórreo Vivo, un festival impulsado pola asociación A Carballeira de Baia, que inclúe unha serie de actividades para o público de todas as idades.

A cita arrincarán cunha sesión nocturna de música e humor, a cargo do grupo Blues do País e dos monologuistas Federico Pérez e Paula Carballeira.

O 24 haberá actividades durante toda a xornada, entre as que destacan unha ruta pola aldea, sesión vermú con María Raxeta e Quinkillada, e sobremesa animada por Polbo Viascón. Logo disputaranse rabúñoas Olimpíadas e actuará Peter Punk.

De Ninghures, Mondra e Marua & Coralia porán o broche.