CONTIDO PATROCINADO
OFRECIDO POR FRINSA

A caseta de Frinsa, a conserveira de Ribeira, está sempre entre os máis atractivos do Salón Gourmets. Na edición deste ano chamou aínda máis a atención, se cabe, tras ser sometido a melloras que lle deron un toque moito máis fino do que xa tiña. Por amais instálase sempre nun lugar estratéxico, preto do acceso ao pavillón 4, que é o que concentra o maior volume de entradas de visitantes, e fronte a Estrella Galicia, que probablemente é dos postos máis concorridos da feira, co que a visibilidade da empresa propiedade da familia Carregal está garantida, por iso é polo que durante os catro días que estivo aberto o principal escaparate dos alimentos e as bebidas de calidade de Europa a presenza de profesionais no seu interior fose constante.

Nestes eventos, unha boa posta é escena non é suficiente se no interior non hai un produto de calidade. A firma barbancesa compareceu coas conservas delicatesen da lata branca, coa marca Frinsa A Conserveira, cor que as diferencia no mercado, tanto nas 13 tendas propias que ten repartidas por toda España e no estranxeiro, como noutros establecementos. Atraen polo continente, pero aínda máis polo contido xa que no seu interior se atopa o mellor do mar: mexillóns, navallas, ventresca de bonito do norte e de atún e incluso bacallau, pescada ou salmón.

Pero a conserveira de Ribeira quixo ser máis protagonista en Madrid cunha novidade: a gama de proteína natural coa marca Só. Nesta ocasión, non estiveron no Salón Gourmets os pilotos do Mundial de Motociclismo que patrocina Frinsa, xa que tiveron que viaxar a Qatar para competir na cuarta proba do campionato, polo que non se celebrou o showcooking que era un dos polos de atracción mediática do Salón. No entanto, fronte á caseta, cada día ofrecéronse degustacións con preparacións que tiñan como ingredientes principais as distintas variedades de Só: atún ao natural, pescada ao natural, salmón ao natural, bonito do norte ao natural, peituga de pavo ao natural e peituga de pito ao natural. Trátase de conservas pensadas para deportistas, pero tamén para as persoas que apostan por unha vida máis sa, xa que están ao alcance de todos.

Proceso

Para a súa elaboración, Frinsa desenvolve un proceso no que coida minuciosamente cada paso para que o produto conserve todas as propiedades dunha materia prima de calidade engadindo auga e moi pouco sal. A conserveira é consciente de que o consumidor cada día pensa máis en ter unha vida saudable, mentres que o deportista está obrigado a alimentarse dunha forma equilibrada que lle permita competir nas mellores condicións, e Frinsa deu cun produto que axuda a achegar proteínas, sen renunciar a unha alimentación adecuada.

Faltaron os pilotos, por causa maior, pero o intercambio que supón o patrocinio percibiuse na caseta, xa que na súa fronte permaneceu unha das motos do equipo e sobre o seu asento repousaban latas de Só, como dispostas a emprender unha carreira cunha meta clara: contribuír á boa alimentación dos deportistas e daquelas persoas que aposten por unha vida máis sa, o que non significa que as conservas de peixe e marisco non o sexan, xa que teñen proteínas de alto valor, son ricas en graxas saudables omega 3 ideais para a saúde cardiovascular; conteñen minerais como o fósforo, o ferro e o selenio, que son indispensables para o organismo, pero as Só son baixas en sal e están en auga.

Ademais da nova gama de proteínas e da sempre elegante variedade delicatesen de Frinsa A Conserveira, a empresa con domicilio social en Ribeira tamén promocionou no incomparable marco da feira de alimentos e bebidas de calidade as conservas Minerva, que é a marca que se elabora na factoría que o grupo empresarial da familia Carregal ten en Portugal e que ofrece unha ampla variedade de contidos: sardiñas en aceite de oliva picante con encurtidos, sardiña en tomate, sardiñas sen pel e sen espiñas, sardiñas en aceite con limón, filetes de cabala, patés de sardiña, de atún e de cabala, todas moi apreciadas no mercado portugués e cun deseño elegante, factor que distingue aos produtos do grupo empresarial barbancés.