Arden dous colectores de madrugada na Pobra

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

CEDIDA

Cando os servizos de urxencias deron por extinguido un dos incendios, recibiron a alerta doutra nunha rúa próxima

25 abr 2024 . Actualizado ás 10:45 h.

Dous colectores arderon de madrugada na Pobra do Caramiñal con escasos minutos de diferenza. O primeiro lume foi notificado ao 112 ás 01.49 horas. Un particular alertou de que un colector de papel estaba a ser pasto das chamas na rúa Castelo. 

Ata o lugar desprazáronse Protección Civil, os bombeiros de Ribeira e a Garda Civil. Aos poucos minutos o lume xa fora sufocado, tan só queimándose os desfeitos acumulados do interior.

Cando os equipos de urxencias dispúñanse a retirarse recibiron información de que otor colector estaba a queimarse na confluencia da rúa San Roque coa Rafael Dieste. Un veciño apartou o elemento en chamas dun coche que tiña ao lado para evitar que o lume se propagase. Nesta ocasión, o colector calcinouse por completo.

A Garda Civil investiga as circuntancias nas que se produciron os incendios, aínda que todo parece indicar que derivaron dun episodio de vandalismo .