Enrique Maranchón levou o ouro na Challenge Volta ó Barbanza A Orixe

Laura Ríos
Laura Ríos RIBEIRA

BARBANZA

Carmela Queijeiro

O seu equipo, o Picusa Academy, fixo dobrete como mellor conxunto tanto na xornada do sábado como na do domingo

24 mares 2024 . Actualizado ás 16:31 h.

Bo tempo e moito deporte. Eses foron os principais ingredientes da xornada de onte, na que os competidores da Challenge Volta ó Barbanza A Orixe deron o mellor de si para completar un percorrido que partiu ás 11. 30 da praza Maior da Pobra. O nome destacado foi o de Enrique Maranchón, do equipo Picusa Academy, que se coroou como o gañador da última etapa da proba.

A velocidade do ciclista empezou a destacar na segunda volta do percorrido, xusto ao saír de Ribeira, cando se situou a unha distancia considerable do pelotón. Para asegurar a vitoria, os seus compañeiros esforzáronse por seguirlle desde atrás, impedindo o paso de posibles adversarios.

En canto á ruta, esta levou aos ciclistas ata os arredores do hospital comarcal para regresar ao centro urbano da Pobra por Moldes. Unha vez alí, os pedais non deixaron de virar para enfrontarse á segunda rolda que acabou tras completarse un percorrido de 89,1 quilómetros.