Alumnos do Divino Mestre pobrense farán prácticas en Madeira e Francia

M. X. B. RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

cedida

Profesores do colexio realizarán unha viaxe formativa a Suecia

25 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

No marco do programa Erasmus, tres alumnos do Divino Mestre da Pobra, especializado na rama de administración e xestión da FP, farán prácticas na rexión francesa de Borgoña e outros dous, en Madeira (Portugal). Durante as estancias, terán ocasión de mellorar as súas competencia, á vez que continuarán coa súa formación lingüística no idioma local.

No caso das mobilidades a Portugal, os alumnos traballarán nun departamento da Universidade de Madeira entre o 5 de abril e o 16 de maio. Os estudantes que viaxarán a Francia integraranse no departamento de persoal e comercio do Concello de Sens entre abril e xuño.

Desde o colexio explicaron que tamén haberá mobilidades formativas a Suecia por parte de profesores.