A Challenge Volta ó Barbanza A Orixe comeza en Boiro

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

Imagen de archivo de una edición anterior de la prueba.
Imaxe de arquivo dunha edición anterior da proba. MARCOS CREO

A primeira etapa ten un recorrdio de 97,1 quilómetros e tamén transcorrerá por Rianxo

22 mares 2024 . Actualizado ás 16:48 h.

A terceira edición da Challenge Volta ó Barbanza A Orixe, que patrocina a Mancomunidade Barbanza Arousa, comeza este sábado en Boiro. Un centenar de ciclistas de vinte clubs chegados desde diferentes puntos de España e Portugal tomarán a saída, ás 16.30 horas, na rúa Principal, á altura da praza de Galicia.

O pelotón virará na rotonda de Cimadevila para tomar a avenida da Constitución e logo coller a estrada de Abanqueiro. Nese momento producirase a saída lanzada.

Posteriormente pasarán por Cespón e Pazo ata entrar en Rianxo por Taragoña. Logo deberán subir o alto de Bexo e despois baixar a Burés para regresar a Boiro por Araño, Taragoña, Cespón e Vilariño. Pasarán pola saída, que tamén será a meta, para realizar novamente un percorrido similar.

Os primeiros ciclistas está previsto que completen a etapa, de 97,1 quilómetros, ao redor das 19.11 horas.