The Rapants xa suma 250.000 escoitas en Internet co seu novo traballo

M. X. B. RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

Andrea Freckleseye

Os muradáns estrearán esta fin de semana «A máquina do bo rolo» cun dobre cheo na sala Capitol

19 mares 2024 . Actualizado ás 14:10 h.

A máquina do bo rolo, o novo traballo discográfico dos muradáns The Rapants xa supera as 250.000 escoitas nas diferentes plataformas dixitais. Este éxito súmase aos dous cheos cos que o álbum será estreado esta fin# de semana na Capitol compostelá. A sala converterase nunha pista de baile o sábado, ás 21.00 horas, e o domingo, ás 20.00, para recibir aos barbanceses.

Para ambos os concertos, The Rapants conseguiu colgar o cartel de completo en tempo marca. De feito, as entradas do sábado esgotáronse en 15 minutos, o que deu pé á segunda actuación, para a que se anunciou o sould out en pouco máis dunha hora.

Na xira de presentación do seu novo disco, The Rapants farán unha parada en Carnota, onde actuarán o próximo 30 no marco do Víndemo Ver. Tamén está prevista a súa participación, a finais de abril, nun certame en Salgar do Wizink Center madrileño. Ourensound, Portamérica, Sorrías Baixas e Osa do Mar serán algúns dos festivais onde se deixarán ver este verán.