Cáritas de Ribeira encara unha nova etapa apostando pola animación comunitaria

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

La directora diocesana Pilar Farjas, el párroco de Ribeira, Alfonso Mera, y el delegado episcopal, Santiago Fernández, durante el acto.
A directora diocesana Pilar Farjas, o párroco de Ribeira, Alfonso Mera, e o delegado episcopal, Santiago Fernández, durante o acto. CEDIDA

A organización estruturará as súas actuacións en catro eixos fundamentais: cobertura de necesidades básica, vivenda, emprego e acompañamento

06 mares 2024 . Actualizado ás 17:21 h.

O novo equipo de Cáritas Diocesana de Santiago, encabezado por Santiago Fernández, delegado episcopal, e Pilar Farjas, directora diocesana, visitou Ribeira hai uns días para reunirse cos representantes da entidade na capital barbancesa e analizar a nova etapa da organización, que enfila o 2024 coa intención de centrarse na animación sociocomunitaria e o voluntariado, «equipos motores fundamentais» do ente solidario segundo Farjas.

Durante un acto ao que tamén asistiu o párroco e consiliario de Ribeira, Alfonso Mera, déronse a coñecer as pautas que rexerán as actuacións que levarán a cabo este ano. Neste sentido, a directora diocesana explicou que a tarefa principal deste ano é reforzar catro alicerces de especial relevancia social. O primeiro será a cobertura de necesidades básicas para calquera tipo de persoa que se achegue a Cáritas.

Dignidade para todos

Ademais, tamén se prestará atención a todos os cidadáns que estean vivindo unha situación de soidade non desexada, algo que Farjas catalogou como «unha falta de autonomía social».

O emprego digno é outra das grandes tarefas pendentes nas que intentará botar unha man a entidade solidaria. Para rematar, a directiva apuntou á problemática da vivenda e engadiu que vai máis aló da falta de espazos físicos: «Falamos de crear fogares».