Os regatistas ribeirenses Iglesias, Cadavid e Ferrón lucíronse no lago dAs Pontes

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

CEDIDA

O Club Náutico Deportivo Ribeira-Escola Ramiro Carregal Rey participou nas probas clasificatorias para o campionato de España de «optimist»

30 ago 2023 . Actualizado á 16:56 h.

Os regatistas do Club Náutico Deportivo Ribeira-Escola Ramiro Carregal Rey Daniel Iglesias Sanlés, Carolina Cadavid Ribeiro e Enzo Ferrón obtiveron bos resultados nAs Pontes, onde tiveron lugar as regatas clasificatorias de Galicia para o campionato de España de optimist.

En total, preto de 150 mozos procedentes de máis dunha decena de clubs de toda Galicia citáronse na comarca do Eume para competir por un posto no nacional, sendo esta a primeira das regatas puntuables. Os mellores regatistas de entre 11 e 16 anos competiron en dúas xornadas nas que os tres deportistas ribeirenses brillaron con luz propia.

En concreto, Daniel Iglesias fíxose co triunfo nas categorías sub-13 e sub-16, seguido polo coruñés Jaime Díaz e polo vigués Alejandro Alonso. Na división de menos de 13 anos Enzo Ferrón foi cuarto, o que lle valeu para facer cun sétimo posto na xenerala. Na clase prata feminina o triunfo foi para Carolina Cadavid Ribeiro, que asinou un meritorio segundo lugar na clasificación absoluta da súa división.

Así, desde a directiva do Club Náutico Deportivo Ribeira-Escola Ramiro Carregal Rey destacaron que estes son «uns bos resultados para o club, que segue apostando, promocionando e apoiando o deporte da vela para todos».