Barbanza Arousa lanza a Rede Comarcal de Sendeiros

La Voz

BARBANZA

CEDIDA

A Federación Galega de Montañismo homologou catro roteiros

02 ago 2023 . Actualizado á 17:20 h.

Co obxectivo de reforzar a oferta dispoñible para a realización de actividades en contacto coa natureza, a mancomunidade Barbanza Arousa creou unha Rede Comarcal de Sendeiros, que os representantes dos catro concellos integrados na entidade deron a coñecer este mércores nun acto celebrado en Boiro.

En total, acondicionáronse e homologado por parte da Federación Galega de Montañismo catro roteiros, unha por municipio, que se atopan perfectamente sinalizadas e son aptas para todos os públicos.

En Rianxo, a senda incluída nesta rede comarcal é a do río Té; en Boiro, o trazado ao Castelo de Vitres; na Pobra púxose a punto a subida á Curota seguindo o río Pedras; e en Ribeira, a senda fluvial da Artes.

A información de cada unha destes roteiros, coas súas características e datos de interese, está dispoñible na páxina web da mancomunidade (www.barbanzarousa.gal), no apartado de deporte e natureza.