O quinto Trofeo Pitusa Sabín unirá Portosín con Fisterra

Ribeira

BARBANZA

juan cabaleiro

Os percorridos estarán adaptados aos distintos niveis da flota, sendo de maior complexidade para os barcos máis competitivos

20 ago 2019 . Actualizado ás 21:40 h.

O Real Club Náutico Portosín organiza esta fin de semana unha cita que acadará este verán a súa quinta edición, o Trofeo Pitusa Sabín-Regata Mar de Finisterre. Con previsións de participación dunhas vinte tripulacións, a regata a dobre xornada unirá a costa de Portosín coa de Finisterre.

A presentación, que se celebrou onte na sede do club sonense, contou coa presenza das súas dous principais patrocinadores, Dominga Sabín e Jacinto Hernández. Foi este último o que quixo deixar patente o profundo amor que senten, tanto a súa esposa como el, pola localidade. O comodoro sonense, Fernando González, encargouse de debullar a parte técnica dunha proba gratuíta, sen custos engadas de inscrición ou amarre. Os percorridos estarán adaptados aos distintos niveis da flota, sendo de maior complexidade para os barcos máis competitivos.

Dobre xornada

É por iso que o sábado se navegará desde o peirao de Portosín ata Fisterra, dobrando no faro do Carrumeiro Mozo para regresar a Barbanza, trazado que realizarán as embarcacións regata e cruceiro-regata. Os barcos open e cruceiro virarán no illote de Brullos. Domingo realizarase un percorrido costeiro no interior da ría de Muros-Noia.