O EFM Boiro complícase o ascenso ao caer ante o Viveiro

a. parada RIBEIRA/LA VOZ

BARBANZA

MARCOS CREO

Os boirenses perderon por 0-2

16 jun 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O EFM Boiro sufriu onte un tropezo no seu camiño ao ascenso a liga galega, tras perder por 0-2 ante o Viveiro, no campo crucense de Valiño. Os pequenos barbanceses terán a oportunidade de darlle a volta á tortilla no partido de volta das semifinais que se disputará o vindeiro sábado 22, nun horario e campo aínda pendentes de designación.