Coherencia

La Voz SÁLVORA

BARBANZA

15 jun 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Transcorridas case tres semanas desde a celebración das eleccións, os 11 municipios da zona coñecerán hoxe aos seus respectivos alcaldes. Atrás quedan 19 días de dimes e diretes, tiras e afrouxas, nos que algúns e algunhas mostraron as cartas do odio como principio e fin dos seus obxectivos, deixando ao carón o interese común: a vinganza a calquera prezo, mesmo á conta da dignidade. Pero deuse o caso de que na maior parte dos lugares nos que os personalismos antepuxéronse emerxeu a coherencia do BNG, desatendendo os cantos de sirena que, como a Ulises, soamente conseguirían arrastrar a nave nacionalista ao abismo da indiferenza. Chegarán os tempos.