Aprendices de actores en Rianxo

Ana Lorenzo Fernández
a. lorenzo RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

MARCOS CREO

Veciños e persoas doutros concellos asistiron ao «casting» para protagonizar a campaña de tráfico

20 novs 2018 . Actualizado ás 13:15 h.

Algúns nunca pisaran as táboas dun escenario e a outros lles sobraba experiencia como actores, pero todos tiveron que pasar as probas para intentar levar un dos papeis protagonistas do vídeo da campaña de tráfico que impulsan o Concello e a Policía Local de Rianxo para reducir o número de accidentes durante o Nadal. Duarte Galbán e Román Castaño, guionistas do traballo audiovisual, foron os encargados de dirixir o casting, no que non só participaron veciños do municipio, senón que mesmo veu xente de Noia e Caldas.

«Sorprendeunos que había persoas con moito nivel, e que se lles notaba que xa fixeran teatro», apuntou Galbán, que tamén lamentou que aínda teñen algúns papeis sen repartir porque non atoparon o perfil que estaban a buscar, «pero penso que ao longo desta semana xa os teremos atopado».

A nova campaña vira sobre o vídeo do ano pasado e divídese en tres situacións distintas, cada unha delas protagonizada por un personaxe.