Os emigrantes retornados volven á carga

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

CARMELA QUEIJEIRO

27 sep 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A plataforma comarcal de emigrantes retornados volveu onte a tomar as rúas nunha das súas habituais manifestacións en Ribeira. A fronte formada por decenas de pensionistas concentrouse diante da delegación de Facenda e emprendeu unha marcha cara ao Concello ribeirense. Ademais, os manifestantes volveron lanzar petardos ao seu paso, para dar maior visibilidade ás súas demandas. A xornada de protesta finalizou coa lectura dun manifesto ás portas da casa consistorial.