A área sanitaria inicia unha investigación sobre o alzhéimer

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

BARBANZA

22 sep 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A área sanitaria de Santiago de Compostela, na que se inclúe a zona de Barbanza, puxo en marcha un novo proxecto de investigación sobre a enfermidade do alzhéimer, un ámbito no que ten o liderado en Galicia.

Nese traballo participan expertos do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) e dos servizos de Medicina Nuclear e Neuroloxía, coordinados por Pablo Aguilar. Na actualidade están en marcha importantes estudos para a procura de biomarcadores eficaces para o diagnostico precoz desta doenza, á vez que se realizan ensaios clínicos.

As consultas de neuroloxía cognitiva da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago agarraches cada ano a máis de 2.500 pacientes por sospeitas de demencia, dos que 800 corresponden a primeiras consultas.

Calcúlase que en Galicia hai máis de 50.000 pacientes afectados desta enfermidade, o que equivale ao 7 % da poboación maior de 65 anos.

A incidencia que ten o alzhéimer aumenta de forma paralela ao envellecemento da poboación.