O Noela recibe á media ducia de actores galegos de «Malo será»

La Voz

BARBANZA

cedida

O espectáculo teatral inclúe diferentes escenas cómicas

25 jul 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Mañá • Coliseo Noela (Noia) • 21.00 horas • Lucía Regueiro, Federico Pérez, Marcos Pereiro, Isabel Blanco, Lucía Veiga, Oswaldo Digón e Sabela Hermida integran o núcleo central de Malo será, un espectáculo teatral montado a partir de diferentes escenas cómicas sobre temas universais. A esta viaxe polos escenarios de Galicia súmase unha banda de música que actúa en directo. O complemento é unha vistosa escenografía.

Este espectáculo dá o salto ás táboas desde a pequena pantalla para a que foi concibido pola Televisión de Galicia. Chega a Noia con sorpresas, como a participación dalgún actor nobel da zona, e mesmo de intérpretes famosos que contribuirán a redondear a lista de estrelas xa anunciada.

As entradas para a función, que é apta para todos os públicos, atópanse á venda a través da páxina web de Abanca. O prezo é de 8 euros para os adultos e de 6.40 para estudantes e xubilados. Está previsto que tamén se poidan adquirir os billetes o mesmo día do espectáculo, no despacho de billetes do coliseo. Os menores deberán acudir acompañados dun adulto.