O Concello da Pobra léaa cos horarios do Museo Valle-Inclán

Ana Lorenzo Fernández
l. sarmiento RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

cedida

Unha cambio na placa de entrada avisa de que pechará polas tardes

18 jun 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A poucos días de que comece o verán, podería parecer que o Museo Valle-Inclán estará pechado durante todas as tardes dos meses estivais, unha das épocas con máis número de visitantes. Só abonda con achegarse ás portas do inmoble -considerado ben de interese cultural (BIC)-e mirar o cartel que hai alí instalado para saber que esa parece ser a intención do Concello.

Así, xusto na información sobre as horas de apertura entre os meses de xuño e setembro colocáronse unhas cintas que ocultan parte dos datos e que dan a entender que o museo non abrirá durante as tardes deste verán, un feito que sería a primeira vez que ocorre desde a súa apertura en 1987. Este histórico edificio é un dos máis visitados da Pobra, con ao redor de 10.000 persoas cada ano, aínda que houbo algúns exercicio que mesmo roldou os 11.000.

Cambio de horario

O rexedor pobrense, Xosé Lois Piñeiro, explicou que se quixo facer unha modificación de horarios coincidindo co período de anotacións para as viaxes que se realizan ás Ons.

Segundo sinalou, só se poden inscribir no museo entre as 17.00 e as 19.00 horas, aínda que segundo aparece no cartel, non poderían facelo nunca pola tarde.