0003_202405A12C4993

Os tractores acompañaron a San Isidro en Caleiro

La Voz

VILANOVA DE AROUSA

A imaxe saíu en procesión, flanqueada por unha decena de vehículos engalanados

12 may 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

En Caleiro (Vilanova) festexaron onte cun sol de verán a San Isidro Labrego que, como manda a tradición, saíu en procesión flanqueado por unha decena de tractores engalanados para a ocasión. Ao rematar repartiuse «pan de millo» con chourizos e viño e a festa continuou pola noite. Hoxe volve haber empanada, mexillóns e bebida, e esta vez gratis, co gallo da Xuntanza dos Muíños de Currás.